16/3/09

Grandes Torneos da Historia


Torneo Piatigorsky, 1966

Entre o 17 de xullo e o 16 de agosto de 1966 xogouse en Santa Mónica (California) un torneo organizado pola Fundación Piatigorsky que convocou aos máis grandes xogadores da época. A participación foi impresionante, e non menos o resultado no que o campión do mundo, Tigran Petrosian, quedou en séptimo lugar.

Resultado: 1º Boris Spassky 11,5 puntos; 2º Bobby Fischer 11 puntos; 3º Bent Larsen 10 puntos; 4º e 5º Pórtisch e Unzícker 9,5 puntos; 6º e 7º Samuel Reshevsky e Tigran Petrosian 9 puntos; 8º Miguel Najdorf 8 puntos; 9º Ikov 6,5 puntos; e Donner 6 puntos.

Consellos Prácticos



Pense na Defensa primeiro


O principio masi importante no xadrez é a seguridade. A cada xogada do adversario, pare e preguntese a si mesmo:


  • O que esa xogada está ameazando

  • Cal é a intención do meu adversario

  • O que eu faría se estivese no seu lugar


Consellos Prácticos



Non deixe as suas Pezas sobrecargadas


Unha peza sobrecargada é aquela que desempeña máis dunha función ó mesmo tempo. Normalmente, é aquel que está ocupda na defensa de duas ou mais pezas.


As pezas sobrecargadas son motivos de golpes tácticos que derivan en perda de material, pois cando obrigada a moverse, deixa algunha peza ou peón sen protección.


Consellos Prácticos




Se vostede ten pouco espazo intete cambiar unha ou duas pezas

Cando vostede esté nunha posición restrinxida, intente cambiar unha ou duas pezas para liberar mais espazo.

Por outro lado, cando vostede teña ventaxa de espazo, evite os cambios e aproveite o ataque dun ala para outra.