Alexander Alexandrovich Alekhine (ruso, Александр Александрович Але́хин), (
Moscova 1892 -
Estoril 1946)
xadrecista ruso, nacionalizado francés, un dos máis grandes campións mundiais, coñecido polo seu estilo agresivo.
Alekhine naceu no seu dunha familia rica de Moscova; o seu pai era terratenente e membro da
Duma e a súa nai era filla dun rico industrial. En
1909 obtivo a súa primeira vitoria, ao gañar o Torneo Amateur de Rusia en
San Petersburgo cunha puntuación de doce vitorias, dúas derrotas e dous empates. Grazas a este torneo obtivo o título de mestre nacional.
No gran torneo de 1914 en
San Petersburgo, coa participación da maioría dos mellores xogadores do mundo (coa excepción dos do
Imperio Austrohúngaro), quedou terceiro detras de Lasker e Capablanca.Ao concluír este torneo, o
Tsar Nicolás II proclamou aos cinco gañadores de premios (
Lasker,
Capablanca,
Alekhine,
Tarrasch e
Marshall) como "
Grandes Mestres do Xadrez".
Despois da
Revolución Rusa, en
1919, foi acusado de espionaxe e encarcerado en
Odessa. Ao ser liberado marchou a
Francia (
1921) e en
1925 obtivo a cidadanía e entrou na facultade de leis da
Sorbona. A pesar de non rematar a tese, foi coñecido como Doutor Alekhine o resto da súa vida.
En
1927 venceu a Capablanca en
Bos Aires e converteuse en campión do mundo ata
1935, en que perdeu fronte a
Max Euwe, derrota atribuída ao abuso do alcohol. En
1937 recuperou o seu título. Durante a
Segunda Guerra Mundial xogou torneos en
Alemaña ou territorios ocupados por ela. En
1941 apareceron artigos
antisemitas co seu nome no Pariser Zeitung, e aínda que non se demostrou a súa veracidade, foi acusado de colaborar co inimigo. Morreu mentres estudaba xogadas para o seu enfrontamento con
Mikhail Botvinnik nun hotel de
Estoril.Alekhine foi un ávido estudante do xogo. Algunhas aperturas e variacións levan o seu nome, sendo a máis coñecida a chamada
defensa Alekhine: 1.e4 ♞ f6.
A idea básica da defensa Alekhine é provocar o avance prematuro dos peóns brancos. Unha continuación típica seria 2.e5,♞d5;3.c4,♞b6;4.d4, co que se consegue o avance dos peóns brancos, fazendo que se fagan débiles para mais tarde ser obxetivo das negras.