
José Raúl Capablanca e Graupera (*A Habana, 19 de novembro de 1888 - †Nova York, 8 de marzo de 1942) foi un xadrecista cubano, campión mundial de xadrez de 1921 a 1927. Polo seu xenio precoz, foi alcumado "o Mozart do xadrez"; na súa época dourada chamóuselle "a máquina do xadrez". Richard Réti dixo sobre él "O xadrez foi a su lingua materna"
En 1920, Lasker deuse conta de que Capablanca estábase facendo demasiado forte e, decidiu renunciar ao título en favor deste, engadindo: "Vostede gañou o título non pola formalidade dun desafío, senón pola súa brillante mestría". O cubano prefería gañalo nunha partida, pero Lasker insistiu en que era el agora o retador. En 1921 xogaron o campionato na Habana onde Capablanca venceu ao alemán sen perder unha soa partida: +4 -0 =10. Non sería senón ata oito décadas máis tarde que isto se repetiría, cando no ano 2000 Vladimir Kramnik gañoulle a Garry Kasparov +2 -0 =13.
O novo campión do mundo, Capablanca, dominou en Londres en 1922. Houbo un número interesante de xogadores fortes e críase que o campión non debería poder evadir retos ao seu título como sucedera no pasado. Neste torneo, algúns dos mellores xogadores da época (Alexander Alekhine, Efim Bogoljubov, Geza Maroczy, Richard Réti, Akiba Rubinstein, Tartakower e Milan Vidmar), reuníronse para discutir regras para os campionatos mundiais por vir. Entre outras cousas, unha das condicións propostas polo campión foi que o aspirante ao título tería que reunir polo menos dez mil dólares para o premio.
Nos anos seguintes, Rubinstein e Nimzowitsch desafiaron a Capablanca pero non lograron reunir o diñeiro.
Resultou segundo en Nova York en 1924, outra vez por diante de Alekhine. En 1925 foi terceiro en Moscova detrás de Efim Bogoljubov e Lasker. Pero en 1927 dominou o torneo en Nova York contra seis xogadores sen perder unha partida e con 2,5 puntos máis que Alekhine.
Neste período tamén houbo varios cambios na vida persoal do mestre. En decembro de 1921 casou con Gloria Simoni Betancourt. Tiveron un fillo, José Raúl, en 1923 e unha filla, Gloria, en 1925, pero o matrimonio terminou en divorcio. Tamén perdeu ao seu pai e á súa nai.
[editar] Perda do título
O éxito en Nova York en 1927 foi excepcional: Terminou invicto nunha volta cuádrupla con seis dos mellores xogadores do mundo e con 2,5 puntos por encima do segundo lugar (Alekhine). Capablanca tamén superou ao moscovita no seu primeiro enfrontamento, [15] gañou o premio da partida máis brillante contra Rudolf Spielmann [16] e gañou dous xogos interesantes contra Nimzowitsch. [17], [18]
Isto deixoulle como o gran favorito para o campionato contra Alekhine — que ata entón non puidera gañar nunca a Capablanca —. O desafío foi apoiado por un grupo de homes de negocios arxentinos e o presidente deste país, Marcelo Torcuato de Alvear, que garantiu os fondos.
A proximidade do partido levou a unha serie de prognósticos sobre o seu resultado: O gran mestre alemán Rudolf Spielmann sentenciou: "Alekhine non vai gañar ningunha partida"; segundo Vidmar: "Alekhine non ten nin a sombra dunha posibilidade"; Bogoljubov coincidiu: "O resultado final vai ser 6 x 3 a favor de Capablanca"; Nimzowitch e Maroczy pronunciáronse tamén en favor da vitoria do cubano.
O propio Capablanca sentíase seguro do seu triunfo, polo que — fiel ao seu estilo —non se preparou para o encontro, confiando na súa capacidade única para resolver os problemas directamente fronte ao taboleiro; en cambio, levado polas súas responsabilidades laborais como representante do xadrez de Cuba, participou nunha xira de partidas de exhibición polo Brasil.
Nunha estratexia diametralmente oposta, o seu adversario dedicouse á complexa tarefa de estudar con inédita profundidade os patróns subxacentes no estilo de xogo de Capablanca, os seus movementos recorrentes e respostas ante problemas complicados, etc., inaugurando unha forma de traballo que é norma hoxe en día entre os máximos expoñentes do xadrez mundial.
O encontro xogouse en setembro en Bos Aires. Gañaría o primeiro en obter seis vitorias. Alekhine xogou con paciencia e solidez, levou a Capablanca a perder a primeira partida de xeito mediocre, [19] para logo tomar vantaxe gañando as partidas número 3 [20] e 7 [21]— xogos de ataque máis ao estilo de Alekhine — logo perdeu as partidas 11 [22] e 12. [23] Capablanca intentou convencer a Alekhine para anular a cita logo dunha longa serie de táboas. O ruso rehusóu, e acabou vencendo +6 -3 =25, no encontro máis longo da historia do campionato do mundo agás o campionato de 1985 entre Anatoli Karpov e Kasparov.Alekhine non aceptou xogar o desquite, contravindo unha das condicións do enfrontamento. A pesar do colapso dos mercados financeiros en 1929, Alekhine seguiu insistindo nas condicións acordadas en Londres, é dicir, Capablanca estaba obrigado a recaudar $ 10,000. O aspirante non logrou satisfacer esta condición. En cambio, Alekhine xogou dous campionatos mundiais contra Efim Bogoljubov, que era un bo xadrecista, pero non unha ameaza para el nun xogo longo. Durante o seu reinado, Alekhine rexeitou xogar nos mesmos torneos que o seu rival
 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario