26/4/09

Mikhail Botvinnik




Mikhail Moiséyevich Botvínnik (Михаил Моисеевич Ботвинник, tamén transcrito como Mikhail Botvinnik) (17 de agosto de 1911 - 5 de maio de 1995), ruso, foi un Gran Mestre Internacional e Campión do Mundo de xadrez. Naceu en Leningrado, e comezou a ser coñecido ao derrotar ao campión mundial, José Raúl Capablanca, nunha exhibición de partidas simultáneas. Progresou rapidamente e aos 20 anos (en 1931, cando xa era un Mestre Soviético) gaño o seu primeiro campenato da URSS. Volveu logralo en 1933, 1939, 1941, 1945 e 1952.
Aos 24 anos de idade, Botvínnik atopábase na elite mundial do xadrez, gañando os máis importantes torneos da época. Foi vencedor (xunto con Salgo Flohr) en Moscova 1935, por diante de Emanuel Lasker e Capablanca.

Gañou tamén (xunto con Capablanca) Nottingham 1936 e empatou no terceiro posto (detrás de Reuben Fine e Paul Keres) no prestixioso torneo AVRO de 1938, onde competiron os 8 xogadores máis fortes do momento.
Botvinnik continuou cos seus éxitos e en 1948 gañou o título mundial (que quedara vacante tras a morte de Alexander Alekhine) cando gañou o torneo de A Haia/Moscova. Defendeu exitosamente o seu título en 1951 e 1954 ante David Bronstein e Vasily Smyslov tras empatar ambos os matches 12-12. Perdeu ante Smyslov en 1957 por 12.5-10.5, pero no match de desquite en 1958 impúxose por 12.5-11.5. Ante Mikhail Tal repetiuse a historia: caeu en 1960 (12.5-8.5) só para recuperarse en 1961 (13-8). Volveu caer en 1963, esta vez ante Tigran Petrosian, pero este foi o fin do seu reinado, dado que a FIDE abolira o dereito a un match de desquite.
O seu estilo era eminentemente posicional, e a iso engadiu unha sorprendente dedicación e estudo. Todo isto contribuíu á súa longa permanencia no máximo nivel. É sorprendente que Mikhail Botvinnik non sexa considerado o mellor xogador de todos os tempos, xa que os seus logros foron impresionantes e os seus principais rivais: Paul Keres, Bronstein, Smyslov, Tal e Petrosian foron formidables xogadores.
Desde 1960, Mikhail Botvinnik foi retirándose do xogo competitivo, dedicándose ao desenvolvemento de programas de xadrez para computadores e para cooperar no desenvolvemento de xogadores novos. Os campións mundiais Anatoly Karpov e Garry Kasparov foron dous dos moitos alumnos da súa escola.

No hay comentarios: