Aproveitando que rematou o encontro Anand - Kramnik lembraremos o match entre Fischer e Spassky
A partida do século
O encontro con Spassky celebrouse en Reykjavík. Concitou unha extraordinaria atención en todo o mundo visto tamén como un encontro político en plena guerra fría. Fischer perdeu a primeira partida en enfrontamento limpo e a segunda por non presentarse. Parecía que Spassky retería o título para o xadrez soviético pero Bobby venceu na terceira. A cuarta partida foi táboas e desde a quinta impúxose rotundamente Fischer. Logo dun tenso desenvolvemento, Fischer venceu o seu rival tras 21 partidas (Spassky abandonou a partida decisiva mentres o seu adversario durmía no hotel) e coroouse campión mundial o 31 de agosto de 1972 cun total de 7 partidas gañadas, 3 perdidas e 11 táboas. Foi o primeiro e único estadounidense en conquistar o título. Foi coñecida pola historia como "a partida do século".
Este momento supuxo tamén a fin da súa carreira. Desde entón non volveu xogar ningunha partida oficial durante o seu reinado e, cando en 1975 tivo que defender o título fronte ao aspirante Anatoli Karpov, púxolle tantos requirimentos á FIDE que lle retirou o título por incomparecencia. Dende aquela e ata 1992 non volveu xogar en público e levou unha vida retirada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario