28/12/08

Wilhelm Steinitz



Wilhelm Steinitz. Xogador de xadrez austríaco nacido en Praga o 17 de maio de 1836, e falecido en Nova York o 12 de agosto de 1900. Está considerado o primeiro campión mundial deste deporte.
Na primeira parte da súa carreira, o xogo de Steinitz era similar ao dos seus contemporáneos Adolf Anderssen ou Paul Morphy, caracterizado por rápidos ataques ao rei e preferencia por aperturas de gambito. Pero gradualmente Steinitz foi desenvolvendo un estilo propio, que é a fundación do estilo posicional, sen o cal seria imposible comprender o xadrez moderno. Trazos distintivos do estilo maduro de Steinitz son a fe na defensa, o uso do rei como peza activa ata en etapas temperás do xogo e un estudo profundo da estrutura de peóns.
Tras haberse declarado a si mesmo campión mundial de xadrez en 1866 (tras a súa vitoria sobre Anderssen) defendeu o seu título con éxito en 4 ocasións, contra Johannes Zukertort en 1886, Mikhail Chigorin en 1889 e 1892 e Gunsberg en 1891. O seu reinado concluíu cando caeu ante Emanuel Lasker en 1894 o encontro celebrouse en Nova York, Filadelfia e Montreal, terminando co triunfo de Lasker ( +10 -5 =4).En 1896-7 en Moscova xogou o encontro de desquite contra Lasker volvendo a perder ( +10 -2 =5).
Na última etapa da súa vida perdeu a razón, cando xa o seu nivel de xogo había decaído notablemente. Foi recluído nun sanatorio mental e nesta época pronunciou a súa famosa frase: "Podo xogar con Deus e darlle un peón de vantaxe".

No hay comentarios: