2/11/08

Anand Campión do Mundo




Vishwanathan Anand puso o seu título en xogo frente ó ruso Vladimir Krámnik no Campeonato Mundial de Xadrez 2008, un encontro pactado a 12 partidas. Estaba programado para celebrarse entre o 14 de outubro e o 2 de novembro de 2008 no Palacio Federal de Arte e Exposiciones en Bonn (Alemania). Sin embargo o encontro terminou o día 29 de outubro co triunfo de Anand por 6,5 a 4,5 retenendo a coroa. O premio de 1,5 millons de euros (que inclue impostos e unha porcentaxe para a Fide) foi repartido en partes iguaiss como estaba estipulado nas bases.
O encontro usou o control de tempo clásico: 120 minutos para as primeras 40 xogadas, 60 minutos para as seguientes 20 e logo 15 minutos para ó terminar a partida. A partir do movemento 61 había un incremento de 30 segundos.

A base de datos de chessgames.com ten 120 partidas de Anand contra Krámnik ,dende 1989.





Match Fischer - Spassky 1972




Aproveitando que rematou o encontro Anand - Kramnik lembraremos o match entre Fischer e Spassky

A partida do século

O encontro con Spassky celebrouse en Reykjavík. Concitou unha extraordinaria atención en todo o mundo visto tamén como un encontro político en plena guerra fría. Fischer perdeu a primeira partida en enfrontamento limpo e a segunda por non presentarse. Parecía que Spassky retería o título para o xadrez soviético pero Bobby venceu na terceira. A cuarta partida foi táboas e desde a quinta impúxose rotundamente Fischer. Logo dun tenso desenvolvemento, Fischer venceu o seu rival tras 21 partidas (Spassky abandonou a partida decisiva mentres o seu adversario durmía no hotel) e coroouse campión mundial o 31 de agosto de 1972 cun total de 7 partidas gañadas, 3 perdidas e 11 táboas. Foi o primeiro e único estadounidense en conquistar o título. Foi coñecida pola historia como "a partida do século".
Este momento supuxo tamén a fin da súa carreira. Desde entón non volveu xogar ningunha partida oficial durante o seu reinado e, cando en 1975 tivo que defender o título fronte ao aspirante Anatoli Karpov, púxolle tantos requirimentos á FIDE que lle retirou o título por incomparecencia. Dende aquela e ata 1992 non volveu xogar en público e levou unha vida retirada.



3ª partida Fischer - Spassky 1972



Campeonato de Rusia




Super Final do Campeonato de Rusia

A Super Final do Campeonato de Rusia disputouse entre o 3 ata o 15 de outubro no Clube Central de Xadrez de Moscú. Os participantes son os xogadores con mais alto Elo e os clasificados nas competicions das ligas principais. O ritmo de xogo foi de 100minutos para 40 xogadas, mais 50 minutos para 20 xogadas e por ultimo 15 minutos con 30 segundos de incremento por xogada ata finalizar a partida.


Os xogadores non poden ofrecer tablas directamente ós seus rivales, senon que o teñen que facer por medio do arbitro. As partidas comenzan as 15:00 hora local de Moscu, A bolsa de premios é de cinco millóns de rublos, que equivale a 139.000 euros.



Os participantes son:



Alexander Morozevich 2787
Alexander Riazantsev 2656
Dmitry Jakovenko 2737
Alexander Lastin 2651
Peter Svidler 2727
Evgeny Tomashevsky 2646
Evgeny Alekseev 2715
Konstantin Sakaev 2640
Artyom Timofeev 2670
Nikita Vitiugov 2638
Ernesto Inarkiev 2669,
Konstantin Maslak 2544.

O vencedor do torneo foi Peter Svidler que rematou o torneo empatado a puntos con Jakovenko e Alekseev ós que venceu nun desempate celebrado o día 28 de outubro.