
O ataque á descuberta é unha arma táctica especialmente poderosa. Pódese subdividir en: 1) xaque á descuberta: unha peza, ao moverse, descobre a acción doutro do mesmo bando que dá xaque, polo que a súa forza se multiplica xa que o rival debe contrarrestar antes que nada, o xaque ao seu rei. É frecuente que o xaque á descuberta sexa tamén un xaque dobre. 2) ataque á descuberta: onde unha peza libera a acción doutro e entre ambas realizan, en moitos casos, un eficaz ataque dobre contra as pezas do inimigo.
Máis Táctica
No hay comentarios:
Publicar un comentario