
Machgielis Euwe mais coñecido como Max Euwe naceu o (20 de maio de 1901 e morreu o 29 de novembro de 1981) foi un xadrecista neerlandés. Foi o quinto Campión do Mundo de xadrez (1935-1937).
O doutor Max Euwe naceu en Watergraafsmeer, preto de Ámsterdam. Estudou matemáticas na Universidade de Amsterdam e foi profesor de matemáticas, primeiro en Róterdan, e despois nun liceo feminino de Ámsterdam. Aplicou os seus coñecementos matemáticos ao problema das partidas de xadrez infinitas utilizando a secuencia Thue-Morse.
Foi campión de xadrez dos Países Baixos desde 1921 ata 1935. O 15 de decembro de 1935 tras 30 partidas disputadas en 13 cidades durante un período de 80 días, derrotou ao campión mundial Alexander Alekhine. Ver Match Alekhine-Euwe 1935.
Perdeu o título contra o mesmo Alekhine en 1937. Tras o falecemento de Alekhine en 1946, algúns consideraron que Euwe tiña un dereito moral ao título, pero accedeu a participar no encontro-torneo de A Haia con outros catro rivais. Quedou en última posición. O novo campión foi Mikhail Botvinnik
Desde 1970 ata 1980, foi presidente da FIDE, e desempeñou un importante papel na organización do famoso encontro entre Boris Spassky e Bobby Fischer.
Tamén escribiu moitos libros sobre xadrez, sendo o máis famosos Oordeel en Plan (Xuízo e Formulación) e estudos sobre aperturas.
En Ámsterdam hai unha Max Euwe Plein (praza) (cerca do Leidseplein). Hai un museo dedicado a Max Euwe e unha gran colección de libros de xadrez.
A súa neta, Esmee Lammers, escribiu un libro para nenos titulado Lang Leve de Koningin (Longa vida á Raíña), que é moi popular entre a mocidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario