12/4/09

Grandes Torneos da Historia


Torneo de Linares, 2005


A edición do Torneo de Linares de 2005 pasará á historia porque, Garry Kasparov, tras proclamarse campión anunciou a sua retirada do xadrez profesional. Topalov conseguiu os mismos puntos que Kasparov ,oito, pero ó gañar máis partidas con negras Kasparov fixose co primer posto cun premio de 100.000 €.


toda a información


Grandes Torneos da Historia



Torneo de Montreal, 1979


Os torneos con participación soviética convertironse en acontecementos regulares a finais dos anos 70. Kavalek, logrou organizar o “torneo das estrelas” en Montreal. A cuantia dos premios foi de 110.000 $. Fischer inactivo e Korchnoi, o rebelde, non participaron. Tal e Karpov, campión do mundo dende 1975 sobresaíron, logrando este a victoria final.




Grandes Torneos da Historia


Torneo de Dos Hermanas, 1997

O torneo de Dos Hermanas de 1997 logrou a categoría XIX cunha media Elo de 2701. Só Linares e Novgorod conseguiron igualar esa categoría.

Non tomou parte Kasparov, ainda que a cambio participou Karpov, e Kramnik volviu a repetir o éxito do ano anterior, gañando ademais a Karpov nunha excelente demostración posicional. Nembargantes pecou de conformismo xa que fixo tablas as tres últimas partidas (todas en menos de 30 xogadas) o que permitiu a Anand, grazas á sua victoria frente a Judit Pogar na derradeira rolda, darlle alcance e superarlle no sistema de desempate.



Max Euwe





Machgielis Euwe mais coñecido como Max Euwe naceu o (20 de maio de 1901 e morreu o 29 de novembro de 1981) foi un xadrecista neerlandés. Foi o quinto Campión do Mundo de xadrez (1935-1937).
O doutor Max Euwe naceu en Watergraafsmeer, preto de Ámsterdam. Estudou matemáticas na Universidade de Amsterdam e foi profesor de matemáticas, primeiro en Róterdan, e despois nun liceo feminino de Ámsterdam. Aplicou os seus coñecementos matemáticos ao problema das partidas de xadrez infinitas utilizando a secuencia Thue-Morse.
Foi campión de xadrez dos Países Baixos desde 1921 ata 1935. O 15 de decembro de 1935 tras 30 partidas disputadas en 13 cidades durante un período de 80 días, derrotou ao campión mundial Alexander Alekhine. Ver Match Alekhine-Euwe 1935.
Perdeu o título contra o mesmo Alekhine en 1937. Tras o falecemento de Alekhine en 1946, algúns consideraron que Euwe tiña un dereito moral ao título, pero accedeu a participar no encontro-torneo de A Haia con outros catro rivais. Quedou en última posición. O novo campión foi Mikhail Botvinnik
Desde 1970 ata 1980, foi presidente da FIDE, e desempeñou un importante papel na organización do famoso encontro entre Boris Spassky e Bobby Fischer.
Tamén escribiu moitos libros sobre xadrez, sendo o máis famosos Oordeel en Plan (Xuízo e Formulación) e estudos sobre aperturas.
En Ámsterdam hai unha Max Euwe Plein (praza) (cerca do Leidseplein). Hai un museo dedicado a Max Euwe e unha gran colección de libros de xadrez.
A súa neta, Esmee Lammers, escribiu un libro para nenos titulado Lang Leve de Koningin (Longa vida á Raíña), que é moi popular entre a mocidade.



3 partidas de Euwe