18/5/09

Boris Spassky


Boris Vasilievich Spassky, nacido o 30 de xaneiro de 1937 en Leningrado (actual San Petersburgo). Proclamouse 10º Campión do Mundo de Xadrez en 1969 ao derrotar ao tamén soviético Tigran Petrosian.

Foi un neno prodixio do xadrez, o seu estilo era universal, gañaba a Tal con ataques ao Rei, a Petrosian en profilaxes.

Aínda que fixo méritos suficientes para pasar á historia como un gran xogador, máis que pola súa contribución ao desenvolvemento do xadrez, é coñecido por ser o xogador ao que bateu o estadounidense Robert J. Fischer no match disputado en Reykjavík (Islandia) en 1972, ao cal denominouse match do século. Celebrouse en plena guerra fría e foi todo un símbolo do enfrontamento entre as dúas superpotencias. Ata ese momento, Fischer non gañara a Spassky, que ademais preparou o campionato con Efim Geller, o cal tamén superara a Fischer no pasado. Pero o estadounidense gañou con contundencia mediante unha serie de saídas sorprendentes, que buscaban tirar por terra a preparación de Spassky. Tras o encontro, Spassky non volveu ser o xogador dominante que fora.

Mais tarde, participou en varios ciclos clasificatorios para o título mundial. En 1975, foi eliminado en semifinais por Anatoli Karpov, futuro campión do mundo; e en 1978 chegou ata a final, onde foi derrotado por Viktor Korchnoi.

En 1992 xogou un match de desquite contra Bobby Fischer, onde volveu ser derrotado. Neste último match, o nivel dos contendentes distaba moito do que lles encumbró no mundo do xadrez, pero creou unha gran expectación xa que supuña o regreso de Bobby Fischer aos taboleiros logo de 20 anos de ausencia.

No hay comentarios: