
En 1848 xogou unha partida co xogador profesional Daniel Harrwitz; por mor disto foi convidado para ser o abandeirado do equipo de xadrez de Alemaña no primeiro trofeo mundial de xadrez que se ía celebrar en Londres, No torneo venceu a Lionel Kieseritzky, József Szén, Staunton e Marmaduke Wyvill, gañando o torneo.
Andersson gañou fama por dúas das súas partidas, nas que venceu pola combinación de notables sacrificios de pezas. Na primeira, xogada contra Lionel Kieseritzky e chamada Xogo inmortal, sacrificou un alfil, dúas torres e finalmente a raíña. Na segunda partida (Berlín, 1852) contra Jean Drusfesne, o sacrificio de pezas foi máis modesto, e denomínouse Xogo Sempreverde.
Nos anos seguintes, moitos considerárono o xogador máis importante do mundo. En 1858 derrotouno o norteamericano Paul Morphy en París.
En 1862 regresou e gañou o primeira liga todos contra todos en Londres, gañou doce partidas e só perdeu fronte a John Owen.
En 1866 xogou e perdeu con Wilhelm Steinitz. A partida introduciu algunhas ideas novas na estratexia do xadrez.
Case ao final da súa vida chegoulle o logro máis importante, ao vencer, en Baden-Baden en 1870, o torneo máis intenso xogado na época. El rematou de primeiro, diante de Steinitz, Neumann e Blacburne.
En Leipzig 1877 quedou en segundo lugar, foi a súa última grande vitoria.
Fonte: Galipedia
No hay comentarios:
Publicar un comentario